domingo, 26 de junio de 2016

Quérote?

Quérote.

Cóidoo infame,
susúrrocho,
de maneira case imperceptible.
Noto os teus beizos apoiados no meu peito,
e repítocho
Quérote, quérote, quérote…
Sorrís.
Mírasme có ollar inquedo,
tímido, pícaro e intelixente.
Clávasme os ollos, e disme:
repíteo.
Daquela calo
e desvío a mirada,
coma sempre.
Por uns instantes,
só estiveches ti, ti e os meus pensamentos.
E agora pídesme que repita,
con sinceridade,
palabras que nunca fun capaz de decir a ninguén,
agás a min.  
Non me deixas fuxir,
porque xa coñece-lo percal,
e sabes que tan rápido como viñen marcho,
e xírasme con suavidade,
cara ti.

Quérote.
Esta vez es ti quen o susurra,
pero totalmente consciente de que te escoito,
e que non podo evadirme.
Mentras,
elévasme unha man e bícasme nela.
Deixo esvarar o teu tacto pola miña pel
e sinto de repente,
que necesito volver a probar o teu sabor.
Achégome a ti para darche un bico e sen dubidalo,
esquívasme.
Non, dimo.
Non é unha obligación,
sei que mo estás pedindo,
case por favor,
como mostra deste amor que me custa tanto dar
e máis aínda recibir.
Eu xa non sei nin que pensar,
e por iso xa non sinto,
e as veces doe máis.
Fíxate,
fago o mesmo unha e outra vez,
e aínda me sorprende porque non avanzo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario